17.3.20

Tarefas de ritmo

Hola, bo día, a todas e a todos, gustaríame que estas primeiras clases de música online sexan unhas clases un pouco entretidas para que nos fagan pasar esta alerta sanitaria  o máis amena posible polo que vos propoño facer estas actividades de ritmo  que atopei nun blog doutra compañeira de música, e poderedes traballar axudándovos dos videos de youtube.

Recomendacións: Poñede o video e ir traballando cada ritmo ata que salga ben antes de ir ó seguinte. Parade e voltar atrás o vídeo cada vez que vos faga falla.

Se vos custa seguilo podedes probar a cambiar a velocidade de reproducción na configuración do video e o podedes poñer x0,50 e incluso x0,25

Tede en conta que o vídeo non está en espello polo que teremos que darlle a volta ó que vemos, se o movemento vai cara a dereita da pantalla, nos temos que facelo cara a esquerda e viceversa. Coidado sobre todo con que man que pousades despois das palmas, porque ten que ser a esquerda.


Son cinco ritmos, comezade verbalizando as sílabas asociadas e a medida que vos saia, as deixades de decir, isto vos axudará moito.

0:05 – Intro 1: pun pun sa-ca pun-ta

0:14 – Intro 2: pun pun sa-ca pun-ta-zul

0:21 – Ritmo 1: pun pun sa-ca pun-ta ver-de

0:45 – Ritmo 2: pun sa-ca pun-ta-zul e ver-de

1:09 – Ritmo 3: pun sa-ca sa-ca, pun sa-ca, pun-ta sa-ca

1:21 – Posta en escea

O seguinte video é dunha acuación para que vexades o ben que queda. Intentádeo coa primeira parte, non vos agobiedes:



Se estes nenos de 4º de primaria o conseguiron, seguro que vos tamen:



No hay comentarios:

Publicar un comentario